Balance deportivo – Tempada 2023/24

FINALIZA A TEMPADA 2023/24. CUMPLÍRONSE OS OBXECTIVOS.
Dende o Club Cisne Balonmán, queremos facer un pequeno balance da tempada finalizada o pasado mes de xuño e imos repasar as traxectorias dos equipos do club.


DIVISIÓN HONRA PRATA:
Cumplíronse os obxectivos marcados no mes de agosto de 2023, tras o descenso da Liga Asobal.
A renovación con xogadores da nosa base, fixo que o equipo fora o segundo máis novo da categoría. Foi todo un éxito a pesar das vicisitudes en forma de lesións, que arrastrou o equipo ao longo de todo o ano. Acadar a fase de ascenso á Liga Asobal, foi un éxito extraordinario.
Noraboa a xogadores , técnicos e delegados, que fixeron desfrutar aos nosos socios e seareiros.


DIVISÓN HONRA OURO XUVENIL:
Un enorme éxito, tras un extraordinario traballo do corpo técnico e dos xogadores, que acadaron o Campionato Galego, cunha soa derrota, o que trouxo a participación no Campionato de España.
A fase de sector, celebrouse na nosa cidade gracias á colaboración do Concello de Pontevedra, que fixo posible traer o evento. Unha mágoa non poder coronar co Campionato do sector esta excelente tempada, caíndo ante o que despois foi o Subcampión de España Xuvenil, o Trops BM Málaga.

DIVISIÓN HONRA OURO CADETE:
Se a tempada dos xuvenís foi excelente, a de os cadetes acadou a matrícula de honra, coroándose Camipóns Galegos e posteriormente Campións da Fase de Sector, que se celebrou na cidade de Elda (Alacante). Isto conlevou desputar a Fase Final do Campionato de España en Granollers (Barcelona) e, por tanto, pechar a tempada dentro dos 8 mellores equipos de España. Todo isto foi posible unha vez máis, grazas á colaboración do Concello de Pontevedra, que fixo posible a nosa participación en ambas competicións.

DIVISÓN HONRA PRATA INFANTIL:
Desputaron a competición dous equipos, mesturados con rapaces de primeiro e segundo ano. O éxito acadado, era impensabel a comenzo de tempada: O Campionato da categoría acadado por equipo infantil “A”, fixo que poidera loitar por estar presente na Final a Catro do Campionato Galego, obxectivo que se acadou ao derrotar ao BM Xiria no Pavillón Municipal. Un enorme premio para os xogadores, técnicos e delegados dos dous equipos.
Outro éxito a resaltar, foi a participación do equipo infantil feminino, por primeira vez na historia do clube. A sua participación, foi máis que digna xa que supón un fito para o clube, as xogadoras e técnicos do mismo.

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN:
Enorme tamén, a tempada do equipo alevín, que se clasificou entre os 8 mellores de Galicia, acadando posteriormente o Campionato da Final a Catro Prata.
Tamén, tivo un enorme mérito a participación do noso equipo alevín feminino, que fixo una excelente tempada, onde a mellora das nosas xogadoras foi máis que notable. Noraboa ás rapazas e aos seus técnicos e delegados.

CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍN MIXTO:
Coa participación de 2 equipos na categoría benxamín mixto, a tempada que fixeron os máis cativos foi de sobresaínte, acadando os dous equipos a clasificación pra a Fase Final autonómica, onde xogaban os 16 mellores equipos da comunidade. Noraboa a tod@s, xogador@s e técnicos.

En xeral, unha tempada extraordinaria, a pesar das numerosas lesións que houbo ao longo de toda a tempada. Estamos moi orgullosos de poder representar á nosa cidade por moitas partes de España e formando xeracións de grandes xogadores.

Club Cisne Balonmán.
En Pontevedra, a 02 de Xullo de 2024.